Aprendendo a escoitar os elementos da linguaxe musical
O cifrado melódico
Introdución
Para referirnos os sons individuais que forman melodías de calquera peza empregaremos o cifrado melódico, no que a cada nota da escala correspóndelle un número cun acento circunflexo(1, 2, 3, etc).
Se a melodía é ascendente e remata no son 1, ou ben se é descendente comezando neste son, podemos empregar o 8 como sinónimo do 1. Este cifrado melódico xa se empregaba polos compositores da música do dodecafonismo.
Se temos alteracións nas notas, engadiremos frechas ós números, dirixidas cara arriba (↑) para alteracións ascendentes (♯, x) ou cara abaixo (↓) para alteracións descendentes (♭, ♭♭).
As tonalidades dos fragmentos poderán estar representadas de maneira abreviada só ca nota da tónica seguida de dous puntos. Para diferenciar o modo da tonalidade usaremos a minúscula para o menor e a maiúscula para o modo maior.
Escoita e canta
Agora para familiarizarte co cifrado de melodías reproduce o seguinte vídeo. Presta atención aos números, aos ángulos e á súa relación cas notas da melodía.
L.V. Beethoven. Sonata para piano op. 13 “Patética”: Adagio cantabile, cc. 1-8 pdf
Fíxate na dirección das alteracións. O habitual na música tonal é que as alteracións sigan a mesma dirección cara a nota mais próxima.
Por exemplo, como o 5↑ do cuarto compás é ascendente segue subindo ao seu número mais preto, que é o 6. Sen embargo, o 1↑ do compás sexto non resolve no seu 2 senón que se afasta cara o 4, resolvendo esa sensible de xeito irregular e producindo (la♮ - re♭) un intervalo melódico especialmente disonante que resulta expresivo neste contexto, a 4ª diminuída.
A sensible
De todas as notas dunha melodía tonal que non teña alteracións, o número 7 ten unhas características especiais, xa que é o son que está mais preto do número 1 (ou 8), e a súa tendencia natural é ir cara este son de tónica.
A percepción auditiva de este son, denominado sensible é a de “necesitar“ a escoita mais ou menos inmediata da tónica.
No modo maior a sensible está contida de forma natural na súa escala e, polo tanto, represéntase só co número 7.
Así e todo, no modo menor temos que alterar o sétimo grao para que sexa sensible. Por ese motivo, representaremos este especial son no modo menor cunha frecha cara arriba, que indicará, ademais da existencia dunha alteración, a súa tendencia de resolución ascendente.7↑
Escoita e canta
Para que te familiarices co uso do cifrado melódico da sensible nos distintos modos maior e menor, reproduce o seguinte vídeo no que aparece a sensible en dous contextos, primeiro en Re maior e despois en re menor. Fíxate na diferencia de cifrado en cada caso.
F. Schubert. Viaxe de inverno D. 911 (Op. 89): Boas noites, cc. 94-100 pdf
De igual xeito que escribimos o ♯ no "do" do penúltimo compás en re menor, tamén poñemos a frecha que ascende ao carón do 7. Como o comezo do exemplo está en Re maior, o do♯ é unha alteración propia de armadura e, polo tanto, unicamente poñemos o 7, sen frecha ningunha.
O sétimo grao
Debido ás características do modo menor, podémonos toparnos con dúas posibilidades de sétimo grao, a mencionada sensible ou ben a nota que dista un ton da tónica, e polo tanto xa perde o seu poder de atracción fronte a ela. Distinguiremos os dous sons polo cifrado melódico; mentres que na sensible a distancia de semitón levará a frecha, o sétimo grao a distancia de ton non a levará.
Reproduce o seguinte vídeo e compara as diferencias de sonoridade do son número 7 na melodía en modo menor do seguinte exemplo.
Namentres a sensible é unha das notas mais usadas é asociada harmonicamente ca función da dominante, o sétimo grao é moito menos empregado e a súa función harmónica non ten que ver con esta función. Un dos usos mais típicos ocorre no baixo das estruturas harmónicas coñecidas coma a cadencia frixia, recurso empregado como ostinatoen xéneros coma a danza da chacona o longo do período do Barroco. A chacona e tamén a passacagliabaséanse nesta repetición dun baixo, que tanto no modo maior como no menor adoitan repetir a estrutura melódica 8-7-6-5.
Nos baixos de lamento barrocos da música vocal, prodúcese un descenso melódico de todas as posibilidades que ofrece o modo menor. Este descenso por semitóns está asociado a pasaxes musicais que implican moita dor e dramatismo, coma o sufrimento de Xesucristo na Cruz no Crucifixus da Misa en si menor de J.S. Bach. No final da ópera Dido e Eneas o descenso do baixo acompaña traxicamente ao personaxe de Dido, que está morrendo mentres pronuncia as palabras “¡Lémbrate de min!”.
Henry Purcell. Dido e Eneas: Cando eu xaza, cc. 18-23 pdf
Actividades
Exercicio 1
Escoita e canta o seguinte fragmento dun concerto de Vivaldi. Escribe a melodía do baixo empregando o cifrado melódico.
¿En que crees que está baseado? ¿Na chacona ou no baixo de lamento?
A. Vivaldi. Concerto ripieno para corda e orquestra RV114: Chacona, cc. 1-16 pdf
Exercicio 2
Canta o baixo descendente da canción Un sinxelo xiro do destino de Bob Dylan mentres reproduces os primeiros trinta segundos do seguinte vídeo.
Escríbeo mediante o cifrado melódico.
En que crees que está baseado, ¿Na chacona ou no baixo de lamento?
Exercicio 3
Escoita o baixo do comezo da Sinfonía “Patética” de Tchaikovsky e transcríbeo empregando o cifrado melódico aprendido.
P. Tchaikovsky. Sinfonía nº 6 en si menor “Patética” op. 74: Adagio, cc. 1-12 pdf
A sensible da dominante
De todas as alteracións posibles hai algunhas mais frecuentes que outras. A máis empregada con diferencia dentro do sistema tonal e o 4↑, tamén chamada sensible da dominante. A tonalidade é un sistema que está organizado segundo o círculo de quintas: a cadencia mais importante se relaciona por 5ª (V-I), os enlaces tonais tamén o fan (II-V, VI-II, III-VI, I-IV, etc.), e a tonalidade á que se dirixe unha peza en modo maior é a de dominante (V). Por iso non é de estrañar que a dominante secundaria mais usada sexa a de V do V, é dicir, a que ten a sensible do V, e que dirixe a súa atracción cara esta harmonía desexada. No comezo da Fantasía en do menor de Mozart escoitamos esta predominante alteración ata 3 veces: a primeira dentro da melodía, a segunda no baixo como integrante da harmonía de D da D e a terceira na voz superior dentro dunha semicadencia.
W.A. Mozart. Fantasía en do menor K 475 para piano, cc. 1-2 pdf
De igual xeito que a sensible ten moita atracción cara á tónica, debido a súa distancia de semitón, a sensible de dominante compórtase igual con respecto á dominante, tendendo a resolver na 5 de xeito natural. Fíxate como nas tres aparicións o 4↑ diríxese á nota sol, que é a 5 da tonalidade de do menor.
Actividade
Exercicio 4
Completa o cifrado melódico nas seguintes melodías. Para as melodías b e c imos colocar o perfil melódico como axuda para descubrir os números que se atopan detrás de el.
¡Ollo! As melodías dos fragmentos d e e teñen algunha alteración, e polo tanto terás que empregar algunha frecha (↑ ou ↓ ) no cifrado melódico.
L.V. Beethoven. Sinfonia nº1 en Do maior op. 21: Andante cantabile con moto, cc. 1-7
J.S. Bach. A paixón segundo San Xoán BWV 245: 6: Recitativo do evanxelista, cc. 1-3
J.S. Bach. A paixón segundo San Xoán BWV 245: 8: Recitativo do evanxelista, cc. 1-3
F. Schubert. Sinfonia nº 4 en do menor “Tráxica”: Andante, cc. 1-8
F. Schubert. O canto do cisne D 957: Presentimento do guerreiro, cc. 1-3