Saltar navegación

Bloque 5: Outras escalas

O mundo é un lugar diverso, culturalmente falando. Cada cultura desenvolveu as súas propias linguaxes e as súas propias expresións musicais. 

Por tanto as escalas musicais son innumerables e debemos coñecer, sobre todo, aquelas que están na nosa propia cultura ou en entornos cercanos.

Este é o criterio para decidir cales de estas múltiples combinacións de notas estudar.

Porque as escalas hai que coñecelas nos seus contextos musicais. Por tanto van ser as escalas dos nosos contextos musicais os que imos tratar.

Contextos como:

  • A música culta (chamada clásica)
  • A música popular urbana (rock, pop)
  • A música culta derivada da anterior (o jazz)
  • A música popular non urbana (música folklórica) da nosa contorna máis próxima, non só xeograficamente senon culturalmente.

Neste recurso da internet podemos explorar o inmenso mundo das escalas, aínda que prescindindo do seu contexto musical.

https://lengua.la/hpm/

Obxectivos

Dentro das inumerables escalas e/ou modos das diferentes culturas musicais presentamos as máis representativas na cultura occidental.

Como noutros traballos xa falamos dos modos da escala maior trataremos algunhas outras e os diferentes usos que se lle deron en diferentes ámbitos musicais.

  • Inserir as escalas e modos a tratar no seu contexto.
  • Usar as es calas e modos para crear pequenas pezas.
  • Recoñecer as escalas e modos auditivamente nas pezas presentadas.

As escalas que imos tratar nesta ocasión son:

  • As escalas simétricas. Escalas diminuídas, de tons e cromática. Crean entornos atonais ou pantonais xa que as relacións entre acordes son semellantes facendo desaparecer o centro tonal.
  • A escala prometeo, utilizada na música de Scriabin pero tamén, con outros nomes, en outros contextos.
  • As escalas pentatónicas, presentes na música popular, tanto urbana como non urbana e na pedagoxía musical
  • A escala blues, utilizada na música popular urbana (rock, pop, blues) e tamén no jazz.

Son escalas con diferente número de notas (desde cinco ata doce), imprescindibles xunto cos modos da escala maior para coñecer a nosa música máis próxima.

Agora tes uns exercicios para coñecer mellor estas escalas.

Ordea as escalas

Arrastra o nome das escalas e ordeas segundo o número de notas que as compoñen de menor a maior.



Escolla múltiple

Pregunta

¿Por que cres que escollemos esta selección de escalas e non outras?

Respostas

Son as que poñen nos libros de teoría

Son as máis habituais na música occidental

Son as que máis nos gustan.

Retroalimentación

Pregunta

No módulo anterior vimos as escalas ou modos que xorden da escala maior.

¿Cal destas é a que nace dunha escala menor? (Concretamente da menor melódica)

Respostas

Prometeo (dominante Lidio)

Escalas diminuídas

Escala de tons

Pentatónica maior

Blues

Retroalimentación