Por que tantas denominacións?
Esta escala recibe tres denominacións dependendo do contexto de referencia que se tome coma orixe.
Se pensamos na súa orixe modal sería a escala,
Lidia dominante: É unha denominación moi descritiva xa que indica que consta dunha escala Lidia (coa 4↑) á que se lle inclúe a sétima de dominante (7↓ nota característica do modo mixolidio, ou modo da dominante).
Correspóndese co cuarto modo da escala menor melódica. Isto quere dicir que é a escala que xorde comezando na 4ª nota desa escala.

Esta é a denominación máis común, e a que recibe no ámbito da música popular (rock, jazz, pop)

Escala de harmónicos (sobretons): Fai referencia a que contén as notas da serie harmónica ata o harmónico 14:
Utilízase en toda a música que se basea no fenómeno físico harmónico (o canto mongol por harmónicos, a música espectralista francesa de Grisey e Murail.
O termo "escala acústica" foi acuñado por Ernő Lendvai, un grande estudoso da obra de Bartók, segundo cita Paul Wilson en “The music of Béla Bartók” , 1992.
Se tomamos como referencia a Skriabin:
Escala Prometeo: Esta denominación procede da obra de Aleksandr Skriabin (1872-1915) Prometheus: O poema do fogo, na que utiliza o denominado acorde místico que está composto pola superposición de intervalos de 4ª.
Ao despregar o acorde en forma de escala obtemos a mesma escala pero sen conter a quinta nota. Esta versión da escala ten 6 notas xa que carece da 5ª xusta (nota sol).
