Aprendendo a escoitar os elementos da linguaxe musical
Lidio (IV)
Trátase dunha escala maior coa cuarta nota alterada ascendentemente.
A escala que serve de modelo é a que comeza na cuarta nota da escala maior:
Se comezamos dende a nota “do” :
Como xa explicamos a armadura do modo lidio posúe unha alteración máis que a escala maior do mesmo nome. Por iso “do” lidio ten na armadura un díese.
¡Importante!
Moitos compositores e compositoras prefiren usar a armadura da escala maior e poñer a alteración como accidental.
O seu maior brillo respecto ao modo maior (xónico) débese á cuarta nota desta escala que, respecto ao modo maior, é máis aguda. Por esta razón hai persoas que o definen como un modo maior-maior, e dicir, máis “maior” que o modo maior.
O precedente gregoriano
A escala lidia correspóndese aos 5º e 6º modos gregorianos denominados Tritus.
Mais no canto gregoriano o que define ao modo non é o contraste coa escala maior (que aínda non era a escala referencia na música) senon o ámbito melódico, os xiros característicos de cada modo, as notas iniciais e as cordas de recitado.
Escoitemos un exemplo:
Graduale Prope est Dominus
Hoxe en día este son tan especial utilízase para conseguir transmitir a fantasía, o ensoñamento, o místico, a inspiración, a fe, a grandeza, a utopía, o positivo en xeral.
Escoitemos a escala Lidia sobre a nota pedal da tónica:
Para percibir o seu carácter máis intensamente agora escoitemos a mesma escala pero en terceiras.
Exemplos do seu uso
Os modos poden utilizarse en seccións completas, frases ou en pequenos anacos musicais. Dependendo disto dicimos que unha melodía ou canción está en modo Lidio ou, se só aparece esporadicamente, que ten trazos lidios ou cor lidia.
Melodías lidias
Miñas donas, meus señores, con vostedes o Modo Lidio
Esta fanfarra coa que comezan as películas da Columbia aparece no 1998 e utiliza a escala lidia sobre "do" cadenciando nunha segunda escala lidia sobre a nota "mi". Maxestosa, brillante, esplendorosa son algúns dos adxectivos que podemos utilizar para describir esta música.
Mazurka nº 3 Op. 68, F. Chopin
O modo Lidio e un modo habitual na música popular polaca, patria de Chopin. Nesta ocasión podemos escoitar o sinxelo acompañamento que utiliza o compositor consistente nun ostinato dunha quinta sobre a tónica, como adoitan facer os roncos na música popular (gaitas, zanfonas, etc) cc 33-45
Polonesa de Boris Godunov, Acto II escena 2, cc. 5-13, M. Musorgsky
Neste exemplo podemos escoitar a harmonización que utiliza Musorgsky que consiste nos acordes correspondentes aos graos I e II mantendo sempre a nota da tónica.
No comezo escoitamos a melodía no modo de “do” Lidio e pouco despois aparece o modo de “mi” Lidio finalizando o fragmento coa volta a “do”.
Polonesa de Boris Godunov, Acto II escena 2, cc. 5-13, M. Musorgsky,
Nesta canción toda a primeira sección utiliza o modo “do” lidio acompañado polos acordes sobre o I e II grao, a mesma harmonización de Musorgsky pero nun contexto totalmente diferente.
Utiliza no riff inicial (“sol” lidio) a disonancia da 4ª aumentada para aportarlle ese carácter insolente e retador. Contrasta coa segunda parte onde utiliza o modo “do” frixio para escurecer e crear un clima máis amedrentador.
A nota característica do modo lidio afecta directamente ao acorde de subdominante que se convirte nunha tríade diminuída. O discurso harmónico queda totalmente distorsionado e crea novas estruturas acordais propias de este modo.
As solucións harmónicas máis habituais no modo Lidio son:
Manter un bordón ou pedal de tónica e deixando que a melodía se desenvolva, como se faría na música do medievo. Así o fai Chopin na mazurka nº 3 Op 68.
Na música cinematográfica a solución máis habitual consiste en aplicar un acorde de segundo grao sobre a tónica, como fai Alan Silvestri en Regreso ao Futuro
Mesma solución que tamén utiliza Schubert no seu lied A noite do ciclo Viaxe de inverno:
Actividades
Exercicio 1. Entoa e logo escribe a túa propia melodía lidia sobre estes dous diferentes acompañamentos.
Tonalidade: do lidio; Compás 6/8
Tonalidade: do lidio; Compás: 4/4
Exercicio 2. Modifica a seguinte melodía para que soe Lidio. Entoa a primeira versión e a segunda para sentir a diferenza.
X: 1
T: Transforma esta melodía
M: 6/8
L: 1/8
C: Pablo Abreu
Q: 1/4 = 80
K: E
E2 F G2 B | A2 G A3 | G2 F E2 D | E6 :|
|:B2 c B2 G | A2 B A3 | G2 F E2 D | E5 :|
Exercicio 3. Repite entoando as seguintes melodías e identifica cal é ou cales son lidias.
Consello: Antes de nada canta as escalas lidias respectivas. Para que sexa máis doado tes indicada a tónica antes de cada fragmento
Tónica Si
Björk; Possibly Maybe
Tónica: Mi
Radiodeah; High Dry
Tónica: Re
Caitlin;She moved through the fair
Tónica Mi♭
Supertramp; Fool's overture
Exercicio 4. Proba facer dous acompañamentos diferentes para a melodía Lidia da 2 pregunta.