Saltar navegación

3.1 As escalas diminuídas

As escalas diminuídas u octatónicas son escalas simétricas baseadas na repetición dun patrón de ton e semitón dando como resultado a división da oitava en oito notas.

X:2
L:1/1
M:
K:C
 C  _D  _E =E ^F G A _B C' |] 

...

Pódense tamén definir como o resultado da superposicións de dous acordes de sétima diminuída.

Moi importante! Para visualizar todas estas descricións antes debes saber enharmonizar rapidamente as notas para poder topar tríades maiores ou menores, escalas, etc

Como soamente existen tres acordes de sétima diminuída, xa que os demais que poidamos construír son enharmónicos destes, podemos combinar ata seis escalas que podemos agrupar en dous modos ou tipos, con tres transposicións “coleccións” cada un:

  1. Modo 1 ou "harmónico". Combina as sétimas diminuídas a distancia de semitón. Patrón semitón e ton.
  2. Modo 2 ou "melódico". Ccombina os acordes de sétima diminuída a distancia de ton. Patrón ton e semitón.

O primeiro modo (harmónico, semiton/ton) ten sobre os nodos terceiras maiores e menores coa quinta xusta. Tamén a sétima de dominante. Desde o punto de vista harmónico é moito máis estable que o outro xa que que lle permite formar tríades maiores e menores sobre os nodos, cousa que non ocorre no segundo, que carece do intervalo de  quinta xusta.

O segundo modo (melódico, ton/semitón) non ten quinta xusta sobre a tónica e soamente ten a terceira menor. Síntese máis claramente a presenza dos acordes diminuídos que no primeiro modelo. Desde o punto de vista melódico pódese definir como dous tetracordos de escala menor. a distancia de tritón. Ademais podemos formar tetracordos menores desde tódolos nodos da escala.

Moi importante! Non esquezas enharmonizar. Exemplo= fa♯=sol♭

Olivier Messiaen (1908-1992) na súa obra  Technique de mon langage musical, no que describe aspectos da súa propia linguaxe compositiva, dedicou un capítulo ao que denominaba Modes à transposition limitée. O segundo destes modos de transposición limitada corresponde ao modo 1 semitón/ton da escala octotónica, e ás súas tres transposicións denominábalos coleccións.

Peculiaridades da escala

Estas escalas teñen oito notas (octotónica) e alternan tons e semitóns. Teñen unhas características singulares:

  • Son simétricas xa que tódalas terceiras son menores ou, máis exactamente, entre notas alternas sempre hai un ton e medio.
  • Todas as tríades son diminuídas.
  • Todas as cuatríades son de sétima diminuída.

Estas características producen o efecto de que ningunha nota ou acorde ten maior importancia que outro. Non hai centro tonal, por tanto ningunha ten función de tónica ou pola contra todas poden selo (atonal ou pantonal). Messiaen descríbea así: “ils sont dans l’atmosphère de plusieurs tonalités à la fois, sans polytonalité —le compositeur étant libre de donner la prédominance à l’une des tonalités, ou de laisser l’impression tonale flottante.” Technique de mon langage musical (1944), p. 51

Tradución: Están na atmosfera de varias tonalidades ao tempo, sen politonalidade, o compositor é libre de lle dar predominio a unha ou deixar a impresión tonal flotando”

O acorde de sétima diminuída

  • Só existen tres acordes de sétima diminuída.
  • Non ten inversións, en calquera disposición soa igual. A simetría das escala e da cuatríade diminuída (a oitava, 12 semitóns, divídese en catro terceiras iguais, de 3 semitóns cada unha). Ao cambiar a disposición das notas o acorde permanece invariable.
  • Só aparece na escala menor harmónica, unha única vez, sobre o VII grao. Propio da tonalidade menor.
  • Debido á súa simetría pode ser dominante de ata oito tonalidades diferentes xa que cada nota pode ser entendida como sensible dunha tonalidade maior (tomando o acorde prestada da tonalidade menor) e outra menor. Acorde pivote ideal na modulación:

Escoitemos a opinión dalgúns importante teóricos sobre este acorde:

  • Schoenberg (1911:226) fala da sétima diminuída coma dun acorde errante ou acorde expresivo da súa época.
  • Éveline Andréani (1979:345/353) defíneo coma un acorde polisémico.
  • Philip Tagg  (Olwen, 1989:9) fala da calidade prediciblemente horrorosa das sétimas diminuídas, e de acordes (pero sen se referir a estes en particular) usados para situacións catastróficas na música para o cine mudo (Tagg: Streetcar, 1989:15)

Actividade

  1. Practica as tres escalas (coleccións) do primeiro modo co teu instrumento e coa túa voz.
  2. Practica as tres escalas (coleccións) do segundo modo co teu instrumento.

Lembra o truco de pensar en entoar o comezo das escalas menores en cada momento.

X:1
T:Sétima diminuída
M:4/4
C:En probas
K:C
[B,DF_A]4 |

...

Actividade de encher espazos

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

A escala diminuída é unha escala . Esta formado por dous de sétima diminuída. Estes acordes son moi flexibles para xa que permiten acceder acomo mínimo a 8 tonalidades diferentes.

Ten a consideración de acorde da súa época, según Schoemgerg. Edeline Adriani defíneo como e  resulta  ideal para describir o carácter prediciblemente horrroroso no .

Habilitar JavaScript

Historia

Aínda que algún autor fala de que estas escalas xa aparecen na música árabe, ningún modo octatónico de Oriente Medio pode ser a equivalencia das dúas versións da escala. En todo caso, de habela, non tivo influencia na xeración da escala octatónica occidental.

A alternancia de ton/ semitón xurdiu como un subproduto occidental da transposición de fragmentos de escala arredor dun ciclo de intervalo de terceira menor. (Chemistruck, 2006: 6).

Primeiros exemplos. Creación inconsciente

Modulación mediántica: Na Sonata K. 319 de Domenico Scarlatti aparece a versión semiton / ton da escala octatónica descendente. A liña de baixo (cc. 62-80) se vai conformado a partir da relación de terceira menor (modulación mediántica).

  • Do♯ no baixo, tonalidade de Fa♯ Maior (cc. 62-66)
  • Si si♭ la♭ sol no baixo, primeiro auditivamente tonalidade de mi♭ menor (máis próxima á de partida que a suxerida ortograficamente do m) e logo en Mi♭ Maior e do menor (cc. 67-74)
  • Fa mi re no baixo, tonalidade de Do M e la m (cc. 75-79)
  • Do♯  no baixo, tonalidade de fa♯ menor.

Acorde de sétima diminuída adornado: Na Sarabande da Suite inglesa nº 3 de J. S. Bach, na segunda sección (cc. 13-19) aparece sobre unha nota pedal no sopreano os tres acordes de sétima diminuída e a partires do 17 es escala diminuída completa diminuída ao facer floreos sobre o acorde de sétima diminuída, e a nota do♭ está agochada no mordente.

Do mesmo xeito que Bach, e xa a no século XIX, o compositor checo Anton Reicha mostra esta escala sobre unha harmonía de sétima diminuída.

A. Reicha, 36 fugas Op. 36, Fuga nº 16, cc. 91-94

Mozart tamén propiciou exemplos deste procedemento compositivo na Sonata en Do M k. 309, 3º mov. :

E tamén Beethoven no seu Concerto para piano Op. 58 n. 4, 3º mov.

Ou Chopin en outros moitos casos, por exemplo neste Estudio op.10, n. 9, cc. 25-28:

Os compositores rusos

Posiblemente foi Liszt o primeiro compositor en experimentar coas divisións simétricas da oitava, non só en terceiras menores, orixe da escala diminuída, senón tamén de terceiras maiores na súa sinfonía Dante (escala de tons).

Concatenación de dous acordes de sétima diminuída: Un exemplo é a obra Totentanz (danza macabra), comezo da primeira cadencia, c. 11. A obra comeza co tema do repetido Dies Iræ gregoriano cun ostinato de acorde diminuído no rexistro grave do piano. Na cadencia o carácter diminuído aumenta cunha fervenza de dous acordes diminuídos superpostos a grande velocidade.

Como confesou o propio Rimski, Liszt foi un dos inspiradores do uso deste recurso expresivo na música da escola rusa.

Rimski-Korsakov seguirá “unha tradición iniciada en Ruslan e que continuaría vixente hasta Petrushka: diferenciar o mundo humano do mundo fantástico contrastando harmonía cromática e harmonía diatónica, sendo a cromática/fantástica a de relacións de terceira (tons enteiros ou octatónica) que se enfronta contra as relaciones de quinta da música humana”.[4] Un claro exemplo atopámolo en A noite no monte Triglav, unha obra orquestral extraida do terceiro acto da ópera Mlada. Esta obra, que claramente inspirou a Stravinski a danza infernal do Paxaro de fogo, inclúe na instrumentación frautas de pan que efectúan glissandos sobre a escala octatónica, aparición que explica Rimski no prefacio.

B) Instrumentos na escena
Na escena fantástica da aparición de Cleopatra 2 frauta de pan (Fl. di P.)
Instrumento de vento composto dunha serie de pequenos tubos de metal. Tócase glissando. Os executantes son frautistas de número dos músicos militares. A execución non precisa máis que un pouco de práctica.
Afinación da frauta de Pan:

Lembrando a xestación do poema sinfónico Sadko o propio Rimski fálanos desta escala

“¿Que tendencias musicais guiaron o meu maxín cando compuña este cadro sinfónico? A Introdución  —a imaxe dun suave ondada no mar —contén a base harmónica e modulatoria do comezo de “Ce qu'on entend sur la montagne” de Liszt (modulación por terceiras menores descendentes). O comezo do Allegro 3/4, que representa a caída de Sadko ao mar e o seu afundimento cara ás profundidades polo Rei Mar, é unha reminiscencia do momento no que Liudmila é raptada por Chermonor no primeiro acto de Ruslan e Liudmila. Sen embargo, a escala de Glinka, descendendo por tons enteiros, foi substituída por outra escala descendente de semitón, ton, semitón, ton —unha escala que posteriormente xogou un importante papel en moitas das miñas composicións”.

Rimski-Korsakov, Sadko (ópera), acto I, escena 2, cc. 51-55

Neste caso comprobamos que o baixo comeza o modelo “melódico” da escala. Rimski decatouse de que melodicamente esta versión era máis interesante por unha razón moi simple: con esta ordenación interválica a escala octatónica podíase dividir en dos tetracordos menores (patrón interválico das catro primeiras notas da escala menor), separados por un semitón. Ao empezar con semitón, os tetracordos resultantes dificilmente podían asimilarse a unha escala diatónica, pero con esta configuración Rimski podía empregar un tetracordo diatonicamente, e logo transportar esta música cara ao tetracordo complementario, a distancia de tritón que completaba a escala octatónica.

Aproveitou estas calidades cuasi modais desta escala para, a traveso dos tetracordos menores evocar música folclórica rusa, na que boa parte emprega o modo dórico que comeza co mesmo tetracordo menor, como neste exemplo de la ópera Kashchei o inmortal (1901-1902).

Rimski-Korsakov, Kashchei o inmortal, Escena I, 38 de ensaio. Escala octatónica, versión melódica. As voces cantan unha melodía de carácter folclórico baseada nun tetracordo menor que se repite a continuación a distancia de tritón.

Na obra O príncipe Igor, Borodin xa fixera algo semellante uns anos antes e tamén Wagner neste fragmento de Tristán e Isolda (1857-59).

Wagner, Tristán e Isolda, Acto I, Escena 5. Colección octatónica formada por tetracordos menores sucesivos debidos a unha progresión melódica por terceiras menores. O modelo melódico corresponde ao motivo da honra de Tristán.

A influencia de Rimsky na contorna rusa foi moi importante dado o seu destacado papel como profesor, polo que non é estraño que a escala octatónica sexa recorrente en compositores como Liádov, Glazunov, N. Cherepnin, Maximilian Steinberg e o citado Stravinsky.

As notas nos acordes das campás de coroación da escena inicial da ópera Boris Godunov de Modest Mussorgsky , que consisten en "dous acordes de sétima de dominante con fundamental no tritón la♭-re"

Os arpexos en fervenza tocados coa celesta no "Danza da fada  das lambetadas" do ballet O Crebanoces de Chaikovski (op. 71, n.º 14, Var. 2) están formados por acordes de sétima de dominante a distancia de terceira menor.

Stravinsky e o século XX

Na obra de Stravinsky é sorprendente que se atopen algúns elementos comúns a épocas tan estilisticamente diferentes como a etapa rusa ou a neoclásica. Un deses elementos comúns á escala octatónica que aparece en obras tan dispares como a Sinfonía dos Salmos (1930), o Octeto para ventos (1923),  ou A Consagración da Primavera (1913).

Toda a pasaxe da Consagración organízase en torno a acordes convencionais propios da colección I do modo 1: concretamente tríades maiores sobre os catro nodos da colección (do-mi♭-fa♯-la), sétimas de dominante sobre tres de eles (do-mi♭-fa♯), así como unha sétima diminuída sobre do♯ que precisamente agrupa as alturas non nodais da escala.

Acorde de Petrushka

O acorde de Petrushka é un obxecto politonal recorrente usado no ballet Petrushka de Igor Stravinsky e na súa música posterior. No acorde Petrushka, dúas tríades maiores, Do maior e Fa♯ maior —a distancia de tritón— chocan "terriblemente entre si", cando soan xuntos e crean un acorde disonante. Este acorde de seis notas está contido dentro dunha escala octatónica.

O acorde Petrushka en redución de piano durante o segundo cadro do ballet de Stravinsky Petrushka ( Taruskin 1987 , 269)

O recoñecemento da escala octatónica como elemento compositivo na música de Stravinsky foi formulada por Arthur Berger no seu ensaio de 1963 "Problems of Pitch Organization in Stravinsky" supuxo a introdución a unha grande ferramenta para entender moitos procedementos que ata ese momento resultaban un tanto crípticos (Stravinski non gustaba de revelar os seus segredos).

No século XX os exemplos poden ser interminables. Algúns que merecen sinalarse:

  • Ravel en obras como a Sonatine (1903-5), Gaspard de la nuit (1908), ou o cuarteto de corda (1902-3).
  • Scriabin especialmente na súa sexta sonata para piano (1911).
  • Lili Boulanger, Pasume CXXIX.
  • Oliver Messiaen,  preludio para piano La colombe.
  • Bartók, Bagatelles, Cuarto Cuarteto , Cantata Profana, Improvisacións ,  Mikrokosmos Nos. 4, 99, 101 e 109, Dúos para dous violíns número 33 e 44.
  • Igor Stravinsky, Petrushka (1911), A consagración da primavera (1913), Sinfonía para instrumentos de vento (1920). Scherzo fantastique, Fireworks (ambolos desde 1908)  O paxaro de fogo (1910). Sinfonía dos salmos (1930), Sinfonía en tres movementos (1945), na maioría das obras neoclásicas desde Octeto (1923) ata Agon (1957), e as posteriores , como Canticum Sacrum (1955) e Threni (1958).
  • Samuel Barber, Ernest Bloch, Benjamin Britten, Julian Cochran, George Crumb, Irving Fine, Ross Lee Finney, Alberto Ginastera, John Harbison, Aram Khachaturian, Witold Lutosławski, Darius Milhaud, Henri Dutilleux, Robert Morris, Carl Orff, Jean Papineau-Couture, Krzysztof Penderecki, Francis Poulenc, Sergei Prokofiev, Dmitri Shostakovich, Toru Takemitsu, Joan Tower, Robert Xavier Rodriguez, Frank Zappa, Roberto Gerhard, Schoenberg,

Este sistema compositivo vaise usar decotío polos compositores de bandas sonoras de cine como Williams, Silvestri e moitos outros.

Silvestri establece un ostinato sobre as tres primeiras notas da escala. Sobre este lúgubre fondo o contrapunto de dous grupos de violíns que vai aumentando progresivamente na súa altura.

Música pop

A música popular urbana (rock, pop e outros subxéneros) tamén experimentou con esta sonoridade. Non só formacións máis ou menos experimentais como King Crimson (Red 1974), The Human Abstract (Digital Veil 2011) ou outras próximas á música contemporánea como Franck Zappa (Transylvania Boogie 1970, i'm a beautiful guy 1981) senón grupos máis recoñecibles como Emerson, Lake & Palmer (Trilogy 1972). Radiohead (Just 1995) ou a banda sudafricana de electro rap-rave Die Antwoord (Fok julle Naaiers 2011)

Radiohead Just (1995),

King Crimsom Red (1974)

Na música de Jazz

As máis habituais aparicións da escala diminuída son:

Sobre os acorde de Dominante.

  • Lhil Woods, ao comezo do seu Solo The Summer Knows incluída no disco Musique du Bois, (1974).
  • John Coltrane utiliza o seguinte patrón melódico ao final do segundo
  • Chorus do seu Solo sobre los cambios harmónicos da composición Moment´s Notice,
  • (1957).
  • O trombonista J. J. Johnson toca unha frase xurdida da escala diminuída do seu Solo sobre os cambios harmónicos da composición Aquarius (1960).
  • Sonny Stitt utiliza a escala diminuída no Solo sobre un blues titulado I´ll Tell You Later. También no disco Burnin (1958).

Sobre os acorde de 7ª Diminuída de paso

  • Nun Solo de Sonny Stitt sobre a composición titulada Soul Shack, do disco homónimo (1963)
  • The Breakdown é un blues de Hank Mobley (1930-1986), incluído no disco Roll Call, (1960). No primeiro  Chorus, utiliza a escala diminuída semitono-ton.

Como usar estas escalas

  • Ornamentación (floreo, apoiatura, etc) dun acorde de sétima diminuída. Mozart, Beethoven, Reicha, Chopin
  • Modulacións mediánticas. Exemplos Scarlatti,
  • Combinación de dous acordes de sétima de dominante a distancia de terceira menor ou tritón. Listz
  • Concatenación de dous acordes de sétima diminuída:
  • Conxunto de dous, tres ou catro tetracordos menores. Wagner, Sadlo

Actividade despregable

Ler e completar

As primeras mostras da escala que topamos son do compositor italiano afincado en España Este uso non é premeditado senón que xurde da modulación a intervalos de . As denominadas .

O uso consciente de este recurso compositivo chegará no . Otórganlle os compositores rusos, especialmente , un carácter .

Habilitar JavaScript

As harmonizacións da escala diminuída

Realiza unha harmonización da escala octatónica segundo a serie de acordes que nos indican no seguinte vídeo:

Dous exemplos cinematográficos

Jhon Williams. O tema da "Arca" na saga de películas de Indiana Jones

Escoitemos o rpimeiro exemplo deste leit motiv, cheo de misterio, temor a un poder descoñecido:

Alan Silvestri. Tema "Billy" da saga Depredador (Predator).