Introdución
Unha escala pentatónica, pentafónica ou pentáfona, en música, é unha escala ou modo musical constituído por unha sucesión de cinco sons, alturas ou notas diferentes dentro dunha oitava.
Aínda que existen moitas variedades, con semitóns (hemitónicas) e sen semitóns (anhemitónicas) só imos tratar estas últimas, que son as máis próximas ao noso repertorio cotián (música tradicional, infantil, música culta e popular urbana).
Exemplo de escalas hemitónicas
Estas escalas xaponesas conteñen semitóns, no caso da Hirajoshi dous semitóns. Aínda que nalgunhas composicións de temática xaponesas poden aparecer (Madame Butterfly, Puccini) están circunscritas ao contexto da música tradicional xaponesa, música coa que apenas temos contacto (ex. Sakura, escala Hirajoshi).

Exemplo de escalas anhemitónicas
A escala slendro utilízase no gamelán xavanés, que tanto influíu na música de Debussy ala súa escoita nas exposicións universais de París de 1889 e 1890. Non só no exotismo superficial senón na súa estrutura, textura e modalidade. Pagodes
Trátase do 5º modo da escala pentatónica.

A escala pentatónica maior e os seus modos
A escala pentatónica coa que imos traballar é a que lle eliminamos o tritón e, por tanto, os semitóns:

Escala pentatónica

Se utilizamos as notas negras do piano obteremos tamén a escala pentatónica maior (nota fa♯) e os seus modos.

Cal é a sonoridades desta escala?
Tríades que podemos crear nesta escala:

Intervalos coas notas salteadas.

Intervalos propios desta escala:
_Pablo_Ram_C3_B3n_ODE_3_5_Escalas_pentat_C3_B3nicas_Imaxes_intervalos.png)
A sonoridade da escala pentatónica está moi marcada pola presenza dos intervalos de 5ª e 4ª. A sonoridade chinesa que se lle atribúe refírese a este son de quintas paralelas.
Por outra banda, desde o punto de vista harmónico, calquera combinación de son que fagamos sempre producirá un resultado sen tensións harmónicas ao carecer do intervalo de semitón, que da orixe á tensión da dominante coa tónica. Esta ausencia da sensible.
Na música popular chinesa esta é unha das súas principais escalas.









