Introdución
Un acorde tríade calquera está en segunda inversión cando a súa 5ª soa como nota máis grave do conxunto, é dicir, cantada pola voz do baixo. Este acorde constrúese engadindo unha 4ª e unha 3ª consecutivas a partires da nota do baixo, xusto ao revés que sucede coa primeira inversión. O seu cifrado tradicional é o un 4 e un 6.

Dos tres estados da tríade, a segunda inversión é o máis inestable debido á presenza do intervalo de 4ª xusta desde o baixo. Este intervalo considérase disonante con respecto á 3ª, 5ª ou 6ª e ten un tratamento especial na condución melódica.
Cifrado
Na contra que o estado fundamental e a primeira inversión, a segunda inversión nunca é un acorde funcional. Isto quere dicir que sempre está asociado a outros acordes funcionais actuando neles de xeito ornamental. Empregaremos tres criterios para cifralos:
- Representaremos os acordes de segunda inversión arpexiados por medio do símbolo de “dous puntos” debaixo da cor funcional do acorde despregado.
- Para os de acordes de paso, de floreo e cadencial usaremos os números 6 e 4 debaixo dun cadrado baleiro. De maneira opcional poderemos indicar a natureza harmónica do acorde cun marco de cor. Ademais, para cada un dos tipos engadiremos frechas ou ángulos dentro do cadrado baleiro.
A frecha ascendente indicará o acorde de paso que ascende, e a frecha descendente o acorde de paso que descende.
O debuxo da “v” indicará o acorde de floreo inferior ou descendente, e a “v invertida” o floreo superior ou ascendente.
A frecha dirixida á dereita indicará a tendencia da 6ª e 4ª cadencial de moverse cara a dominante (cor vermella)
- Por último, para as 6as e 4as de pedal, usaremos o cadrado baleiro (co marco coloreado ou non) por enriba da cor funcional da nota do baixo
Velaquí tes un exemplo donde conviven varios cifrados de segunda inversión.

Tipos de acordes de segunda inversión
Existen catro tipos de acordes de segunda inversión, cada un deles cunha función ornamental diferente.
1) A 6ª e 4ª cadencial
É o acorde de segunda inversión que se forma sobre a 5,no contexto da cadencia auténtica ou semicadencia.
As notas de esta 6ª e 4ª coinciden coas do primeiro grao, aínda que a súa sonoridade é a dun V grado retardado, de xeito que, cando escoitamos esta segunda inversión, sentimos a necesidade tonal de resolver no acorde de V grao.
Por norma xeral aparece nun tempo acentuado —o tempo 1º ou 3º dun compás cuaternario ou o tempo 1º dun compás ternario—, actuando como un acorde-apoiatura.
Os acordes máis habituais que preceden á 6ª e 4ª cadencial son as subdominantes (II / IV / VI) e, en menor medida o I. A colocación do V grao xusto antes dunha 6ª e 4ª cadencial é menos frecuente.
Como alternativa á resolución regular da 6ª e 4ª cadencial, a 4ª pode moverse por salto ou ben ascender de segunda, sendo estas excepcións bastante utilizadas polos compositores clásicos.

Entre a 6ª e 4ª cadencial e a súa resolución no V pódense interpolar outros acordes. A resolución na dominante queda deste xeito posposta, mentres que o/os acordes interpolados actúan como unha especie de “rodeo” antes de chegar ao obxectivo do V grao. En este contexto o baixo realiza un floreo (bordadura) inferior ou superior harmonizado como un acorde de subdominante en primeira inversión (II6 o IV6). Ao igual ca 6ª e 4ª cadencial, cifraremos este acorde interpolado cun cadrado baleiro con marco verde.

A 6ª e 4ª cadencial de Grieg
Un caso particular da 6ª e 4ª cadencial é aquela que se forma sobre a 1 na cadencia auténtica perfecta. Trátase dun acorde de tónica retardado e, ao igual que a 6ª e 4ª sobre a 5, emprégase na primeira parte forte do compás. É moi usado polo compositor de orixe noruegués Edvard Grieg. Cifraremos este tipo de 6ª e 4ª con un cadrado baleiro con marco azul, xa que, aínda que as notas que forman o acorde pertencen a da subdominante, a función que prevalece é a da nota do baixo, a tónica, a cal se dirixe.

2) A 6ª e 4ª de paso
Igual que a primeira inversión, a segunda inversión pode funcionar coma un acorde de paso que conecta dous acordes a distancia de 3ª. O mais frecuente é que conecte o mesmo acorde en estado fundamental coa súa primeira inversión ou á contra. O intervalo de 4ª disonante mantense común nos tres acordes. Na maioría dos casos aparece nun tempo feble do compás.

A 6ª e 4ª de paso tamén podería enlazar dous acordes invertidos formando unha escala descendente. A sonoridade resultante é máis inestable que a harmonización feita con acordes de paso e estados fundamentais da imaxe anterior. Compara a sonoridade de ambos exemplos.

3) A 6ª e 4ª de floreo ou bordadura
Consiste na harmonización dun floreo ascendente ou descendente no baixo por medio dun acorde de segunda inversión. A acentuación tamén é débil.

4) A 6ª e 4ª pedal
Tamén denominada 6ª e 4ª auxiliar, neste tipo de segunda inversión prodúcese unha combinación de dous floreos (bordaduras) ascendentes, mentres que o baixo permanece inmóbil. O igual que a 6ª e 4ª de paso, prodúcese normalmente en tempo débil.

5) A 6ª e 4ª arpexiada
Cando a liña melódica do baixo se move polas notas dun acorde, prodúcense cambios de estado, de maneira que, ao pasar pola 5ª se orixina unha 6ª e 4ª arpexiada.
A. Bruckner. Sinfonía nº 7: 1er movemento

A 5ª no baixo do acorde de primeiro grao arpexiado suxire a sonoridade da dominante sen que realmente se produza, proporcionando unha versión alternativa da tónica. Estas harmonías, nas que se combinan o estado fundamental e a súa segunda inversión, son moi típicas dos valses, as marchas, os acompañamentos Alberti para teclado, e tamén dos ostinatos tocados polos timbais da orquestra.
A nota que forma este intervalo co baixo cando o acorde atópase en estado fundamental.