Introdución
Enténdese por harmonía alterada calquera alteración cromática dunha ou varias notas dun acorde, sen que isto produza unha dominante secundaria ou un acorde do modo maior mixto. O máis común é alterar a 5ª do V grao ou a 3ª do VII, correspondéndose este son co 2da escala.
Cifrado
Existen varios signos para indicar a alteracións dun son. Os símbolos ↑, <, ou +, indican que o son se alterou ascendentemente, mentres que os ↓, > ou - se empregan para sons alterados de xeito descendente. Nós empregaremos as frechas acompañadas do intervalo que se forma dende o baixo para indicar os sons alterados.
5↑ 5↓ 3↑ 3↓
Alteración ascendente
Acordes de dominante ca 5ª ou 3ª elevada

Como consecuencia de elevar a 5ª no acorde de dominante, xorde o intervalo de 5ª aumentada (sol-re ♯) con respecto ao baixo nos acordes a e b, e o intervalo de 3ª diminuída (re ♯ -fa) en todos os acordes da Imaxe_ode5_1, excepto no a. Amosamos aquí un caso de V coa 5ª elevada (acorde de tipo a).
Claude Debussy. 24 Preludios: I, cc. 1-2

A orixe deste tipo de acordes atopámolo no Clasicismo, cando por medio dunha nota de paso cromática enlázase a 2 coa 3 , formando no seu camiño un intervalo de 5ª aumentada desde o baixo. A única posibilidade como nota de paso dánola o modo maior ( re- re #- mi).

Imaxe_ode04_4. W. A. Mozart. Sonata para piano KV332 (300k): 1er movimiento, cc. 49-52

Video_ode04_3b
Alteración descendente
Imaxe_ode04_5

A orixe destes acordes tamén o atopamos no período clásico, cando por medio dunha nota de paso cromática enlázase a 2coa 1,formando no seu camiño un intervalo de 5ª diminuída dende o baixo.

Imaxe_ode04_3c
A harmonía elevada como dominante secundaria
Un caso particular da tríade coa 5ª elevada (acorde a da Imaxe_ode04_1) é aquela que conduce o acorde de tónica dunha tonalidade maior ata o VI ou o IV grao.
Esta harmonización xera unha condución melódica moi característica: o ascenso cromático 5 - 5↑ - 6
Velaquí tes unha imaxe que resume as dúas posibilidades deste acorde aumentado.
Imaxe_ode04_6
