Aprendendo a escoitar os elementos da linguaxe musical
O acorde de sexta aumentada
Introdución
O acorde de sexta aumentada é uns dos acordes de maior forza harmónica da familia da dominante da dominante. A súa inestabilidade débese en parte pola proximidade das notas que forman o seu intervalo característico (o de sexta aumentada) cara a súa resolución, xa que resolve por intervalos de semitón.
Esta resolución regular prodúcese por movemento contrario.
Ademais é frecuente que a sexta aumentada apareza na voz superior destacando así a súa sonoridade no rexistro agudo.
A sexta aumentada e o movemento contrario
Un dos casos típicos nos que se produce o acorde de sexta aumentada sucede cando dúas voces se separan por movemento contrario de intervalos de 2ª ata chegar ó seu obxectivo, a oitava do V grao. O penúltimo acorde de esta sucesión é a sexta aumentada que culmina esta apertura constante con dous semitóns. Esta dobre resolución por semitón fai que sexa o acorde tonal con maior dirección cara a dominante. Velaquí tes un esquema a dúas voces de este procedemento para a tonalidade de "do menor".
G.F. Händel. El Mesías: Coro “Since my man came death”, cc. 1-6 pdf
Tal e como vimos no apartado de cadencia frixia, unha das estratexias para escoitar este acorde consiste en recoñecer o resolución melódica da sexta aumentada,4↑-5 na voz superior e 6-5 no baixo no modo menor (ou 6↓-5 no maior).
Actividade
Exercicio 1. Reproduce agora o vídeo dúas veces cantando, na primeira, a liña melódica do baixo e da soprano na segunda.
Cifrado
Dado que a sexta aumentada pertence a familia da dominante da dominante, ademais do cifrado 6A, engadirémoslle a cor vermella con intermitencia, e para distinguilo do resto dos acordes da mesma familia, xa que é un acorde moi inestable e de sonoridade moi chamativa, o seu vermello será máis intenso que o resto. Escoita de novo o exemplo de Händel, desta vez con cores e cifrado.
Función tonal
No seguinte fragmento Beethoven pon de manifesto a función da sexta aumentada colocando dous destes acordes no final da coda do movemento (cc. 140-147), ocupando o mesmo lugar que as sétimas diminuídas (VII/V) situadas no fragmento análogo da coda da exposición (cc. 41-48).
Escoita as diferencias sonoras entre este par de acordes da familia da dominante da dominante.
L. V. Beethoven. Sonata para piano op. 2 nº 1: 1eiro movemento, cc. 41-48 (pdf) e cc. 140-147 (pdf)
Escoita de novo o vídeo e presta atención a liña do baixo. Quizais te axude a recoñecer auditivamente cada acorde a resolución da voz grave: nas sétimas diminuídas o baixo ascende facendo 4↑-5 mentres que nas sextas aumentadas realiza un descenso6-5. Este descenso de semitón cara a 5 da escala é distingue ás sextas aumentadas do resto dos acordes con función de dominante de dominante e con resolución regular en dominante.
A sexta aumentada no Barroco e Clasicismo
Características de estilo
A pesar de ser acordes que funcionan tanto no modo maior como no menor, a meirande parte das sextas aumentadas dos períodos Clásico e Barroco se producen dentro do contexto menor.
Ademais, nesta época o acorde adóitase empregar para crear tensión, estando asociado moitas veces ó punto culminante dunha frase, sección, ou as zonas de clímax do desenvolvemento. É habitual asignar unha dinámica forte, e tamén un crescendo que culmina na dominante, inda que por suposto tamén hai se poden atopar casos illados con dinámica piano. É bastante frecuente que o compositor repita o acorde dúas, tres ou ata máis veces.
Tensión
Clímax.
Dinámica forte e crescendo cara a dominante.
Repetición do acorde
Velaquí tes un exemplo nunha sonata de Mozart onde conflúen estas características do uso da sexta aumentada dentro do estilo clásico.
W.A. Mozart. Sonata para piano KV280 (189e), 3er movemento, cc.96-111 pdf
Actividade
Exercicio 2. ¿Poderías dicir cantas veces aparece o acorde repetido no seguinte exemplo de Beethoven?
Darémosche unha pista marcando a súa sonoridade na primeira aparición no seguinte vídeo.
L.V. Beethoven, Sonata para piano op.27 nº1: 3er movemento, cc. 129-139 pdf
Dado o carácter sonoro tan recoñecible e intenso deste acorde e a necesidade dentro do Clasicismo por sinalar as divisións importantes dunha peza, os compositores de esta época tenden a colocar os acordes de sexta aumentada en puntos estratéxicos dentro dunha obra, que soen ser os que preceden as semicadencias chamadas estruturais, aquelas que culminan as transicións dos movementos, como a que está entre os temas A e B dunha forma sonata, ou ben o final do propias sección de desenvolvemento que precede a reexposición de dita forma.
Auditivamente, chégase a unha especie de clímax nunha semicadencia, ao que lle segue un silencio máis ou menos longo que precede a unha melodía temática, nova ou xa escoitada previamente no mesmo movemento. Ademais, o acorde de dominante no que resolve a sexta aumentada soe estar ampliado, ocupando un espacio moito maior que o resto. Velaquí tes un exemplo dunha sexta aumentada estrutural nunha sonata de Mozart.
W. A. Mozart. Sonata para piano en Fa maior KV332 (300k), cc.1-44 pdf
Preparación e resolución da sexta aumentada
Inda que a sexta aumentada pode enlazarse dende case calquera acorde, no Clasicismo adoita vir precedido dunha subdominante ou dunha tónica.
A súa resolución regular se resume en dúas posibilidades, na tríade de dominante ou ben na 6ª e 4ª cadencial.
Cando resolve directamente na tríade a sonoridade é mais dura, mentres que cando enlaza pasando pola 6ª e 4ª cadencial se volve mais suave. O motivo desta diferencia de sonoridade é o número de notas comúns entre os dous acordes enlazados, a 6ª e 4ª cadencial comparte dous sons ca 6ª aumentada, mentres que a tríade non comparte ningún son, potenciando aínda mais o seu carácter chamativo.
J. Haydn. Cuarteto de corda op. 33 nº 1: 3º movemento, cc.165-173 pdf
A 6ª aumentada e a 6ª napolitana
Se comparamos os acordes de 6ª aumentada alemán e a 6ª napolitana por exemplo da tonalidade de do menor, darémonos conta que, a pesar de compartir o son 6, e polo tanto pertencer de modo natural ao modo menor, son acordes moi distintos entre si.
O napolitano é un acorde perfecto maior consonante mentres que a 6ª alemán contén dúas disonancias, o propio intervalo de 6ª aumentada e o tritón do-fa♯.
Tamén as súas funcións son ben diferentes, xa que mentres o napolitano é unha subdominante, a sexta aumentada funciona coma dominante da dominante.
Se poñemos o foco nas notas que rodean por proximidade ós sons de tónica e dominante, (re♭ e si, la e fa♯), e os relacionamos con estes acordes, decatarémonos de que, no caso do napolitano, os dous “satélites” da tónica, 2↓ e 7↑, representan a nota característica do napolitano e súa resolución habitual na sensible dunha dominante, mentres que, o intervalo de 6ª aumentada se orixina ca suma dos “satélites” da dominante que son o 6 e o 4↑.
Desta maneira estes acordes comparten unha atracción especial cara as notas mais importantes da tonalidade, que son a tónica e a dominante.
Actividade
Exercicio 3. Reproduce o seguinte vídeo e fíxate na relación das notas adxacentes a "sol" e "re" co acorde de 6ª napolitana e de 6ª aumentada que soan no fragmento.
F. Schubert. Viaxe de inverno: D960: Der Wegweiser, cc. 75-83 pdf
A sexta aumentada como dominante de substitución
Na música de jazz e blues utilízase o acorde de sexta aumentada (alemana) como substituto de calquera dominante (propia da tonalidade ou secundaria).
Sonoramente a sexta aumentada alemana é un acorde de sétima de dominante.
Calquera acorde de dominante pódese substituir por outro igual situado a distancia de tritón:
Exemplo do uso da sexta aumentada no jazz como substituto dos acordes de dominante:
Pódese decir, por tanto, que esta é un xeito extraordinario de resolución da sétima de dominante.