Saltar navegación

Eolio (VI)

O Eolio coincide coa escala menor natural pero as pezas tonais que están na tonalidade menor utilizan simultaneamente as escalas natural, harmónica e melódica, dependendo do contexto harmónico da peza.

Para que apareza a función de dominante, cos seus acordes, utilízase a escala harmónica:

e para solventar o incómodo intervalo:

Utilízase a escala melódica:

De feito, podería dicirse en rigor, que a tonalidade menor posúe moitos trazos modais pola frecuente aparición da escala eolia descendente e tamén pola aparición da escala frixia sobre a dominante.

Por tanto, ¿Que é o “característico” no eólico, que o fai “modal?

Sinxelamente carecer de sensible. Cando unha obra está en modo menor pero non aparece en ningún momento a harmonía de sensible poderemos dicir que trátase en rigor do modo eolio.

A escala eolio non corresponde con ningún dos oito modos gregorianos

Por tanto, neste caso só imos poñer exemplos de melodías ou obras eolias completamente ou que fagan intercambios modais con outros modos e non co sistema tonal.

Exemplos do seu uso

Concierto de Aranjuez, Joaquín Rodrigo

Concerto en si menor que mantén durante moitas seccións un eolio puro, sen contaminar con as sensibles necesarias para a función de dominante. Evidentemente non mantén o eolio todo o tempo pero topamos largas pasaxes como esta.

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Pavanne de la belle au bois dormant, Ma mère l’ Oye, Maurice Ravel

Nesta peza de Ravel aparece o modo eolio cunha harmonización eolia pero con sutís cromatismos que fan mudar suavemente as cores da peza.

Carmina Burana Oh Fortuna, Carl Orff

No famosísimo inicio do Carmina Burana, peza baseada nos cantos goliardos dos séculos XII e XIII do mesmo título, utiliza Orff o modo eolio para evocar esa sonoridade medieval. Tamén é moi indicativo o uso nesta peza do século XX da métrica 3/1 e 3/2 outro vestixio da escritura medieval.

Descargar partitura pdf

Descargar partitura musescore

Achegamento á harmonía do modo eolio

A característica fundamental do modo eolio é a ausencia de sensible, coa conseguinte destrución da función tonal de dominante. Aínda que mantén unha sintaxe harmónica similar á tonalidade menor, esta desaparición da función de dominante proporciona a cor peculiar a este modo.

Esta ausencia de sensible tamén ocorre nos demais modos menores, dórico, frixio e locrio, aínda que cada unha aporta as súas características harmónicas propias.

Actividade

Exercicio 1. Entoa e logo escribe a túa propia melodía eolia sobre estes dous diferentes acompañamentos.

Tonalidade: la eolio; Compás 4/4


Tonalidade: la dórico; Compás: 4/4

 


Exercicio 2. Modifica a seguinte melodía para que soe eolia. Entoa a primeira versión e a segunda para sentir a diferenza.

X: 1
T: Transforma esta melodía
M: 6/8
L: 1/8
C: Pablo Abreu
Q: 1/4 = 80
K: E
E2 F G2 B | A2 G A3 | G2 F E2 D | E6 :|
|:B2 c B2 G | A2 B A3 | G2 F E2 D | E5 :|

Exercicio 3. Repite entoando as seguintes melodías e identifica cal é ou cales son eolias.

Consello: Antes de nada canta as escalas eolias respectivas. Para que sexa máis doado tes indicada a tónica antes de cada fragmento

Tónica Do Thomas Newman; OST American Beauty
Tónica: La J. S. Bach; Concerto violín la m 1º mov.
Tónica: Si Arvo Pärt;  Fur Alina (1976)
Tónica La R.E.M.; Losing my Religion

Exercicio 4. Proba facer dous acompañamentos diferentes para a melodía eolia da 2 pregunta.